Friday 17 de May de 2024

Actualización situación en Santa María


A media tarde continuaban as tarefas de limpeza nas vivendas anegadas a pasada madrugada por unha avalancha de auga en Santa María. Veciños, efectivos de Protección Civil, e operarios municipais seguían a traballar a reo na zona.

Segundo o comprometido esta mañá, o Concello instalaba xunto ás vivendas afectadas pola riada un gran colector para facilitar a retirada de mobles e electrodomésticos estragados. Ademais, a media tarde finalizaba a instalación dunha “barreira”, con sacos de area e grava, na zona onde se atopaba o muro derribado polas augas. O obxectivo fundamental, evitar que a auga volva entrar nas casas.

Horas antes operarios municipais procedían á retirada de materiais arrastrados polo río Basteiro e acumulados nas súas pontes. Algúns dos terreos e camiños desta zona están anegados. Finalmente, a Policía Local acordoaba diversas pistas próximas aos leitos do Belelle e do Basteiro.